A carreira electoral cara o 29 de novembro xa comezou coa precampaña e os partidos están a poñer as súas cartas sobre a mesa. O PSdeG-PSOE presentou a súa lista pola provincia da Coruña encabezada por Obdulia Taboadela e da que forman parte a ribeirense Ana Alvite, o sonense Jorge Romero e a rianxeira Tamara García. Esta mañá destacaron no paso de Seráns os investimentos realizados ao longo dos últimos anos na comarca polo Goberno encabezado por Pedro Sánchez. Un dos traballos realizados foi a mellora do paso de Seráns, no Porto do Son.

