Mañá xoves celébrase en Noia o pleno da corporación e un dos puntos a tratar será a proposta do concello para o segundo POS Adicional da Deputación da Coruña deste 2026. O Goberno municipal e o BNG local chegaron a un acordo para destinar os 779.680 euros que recibirá o concello en diferentes actuacións. Do total destinaranse preto de 575.000 euros en oito obras co saneamento e abastecemento de auga como prioritarios.

