Un dos produtos máis característicos de Noia é o berberecho que extraen os mariscadores na ría na súa campaña marisqueira. Os profesionais traballan dende outubro nos bancos marisqueiros, obtendo este produto, e o concello acollerá unha nova edición da exaltación do berberecho noiés. Cita que se desenvolverá do 26 ao 29 de novembro.

