18 C
Chicago
6 octubre, 2026
Image default

A EFM CONCELLO DE BOIRO XA ESTÁ LISTA PARA VOLVER Á COMPETICIÓN

Comeza unha nova tempada e con ela, novos retos para a EFM Concello de Boiro. O conxunto feminino inicia o seu segundo curso en Terceira Federación este sábado, 12 de setembro, no campo do P.M. Friol despois de rematar a pasada campaña na sétima posición, con 29 puntos.
As boirenses manteñen boa parte do bloque do ano pasado, aínda que tamén hai baixas e novas incorporacións. Un equipo que aposta pola continuidade, pero cun obxectivo claro. Competir na parte alta da clasificación e seguir medrando.
E nunha tempada na que non resulta doado incorporar xogadoras de fóra, a canteira volverá ter un papel fundamental. O filial, creado hai dous anos, continúa sendo unha peza clave para formar futbolistas e facilitar o seu salto ao primeiro equipo.
A EFM Concello de Boiro busca comezar con bo pé unha tempada na que o obxectivo é claro: dar un paso adiante e pelexar polos postos altos.

Related posts

BOIRO ADXUDICA OS TRABALLOS PARA CREAR UNHA ZONA DE PSICOMOTRICIDADE NA PRAZA DE GALICIA

CloudyX

BOIRO SEGUE PROMOVENDO ACTIVIDADES LÚDICAS

CloudyX

PRETO DE 800 PERSOAS CAMIÑARON CONTRA A LEUCEMIA EN BOIRO.

CloudyX