En Boiro veñen de incorporar un novo vehículo coa etiqueta ECO á flota da Policía Local, adquirido a través dunha axuda da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. O rexedor municipal, José Ramón Romero, fixo a recepción oficial desta nova patrulla acompañado por axentes do propio corpo.

