Unha das citas clásicas do San Bartolomeu de Noia é a súa Festa da Empanada. Onte domingo celebrouse unha nova edición no Campo da Feira na que concorreron diferentes propostas e na que se degustaron empanadas de berberechos, xoubas, zamburiñas, chocos, mexillóns ou luras. A cita, organizada polo CF Noia, foi novamente un éxito. E sumou novos participantes como a Asociación Barbantea.

