Esta mañá o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, e os conselleiros de Deportes, Diego Calvo, e de Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participaron na inauguración do último treito do eixo de mobilidade que une a intermodal de Santiago e O Milladoiro. Traxecto de 6 km no que a Xunta investiu 7,5 millóns de euros, senda peonil e ciclista que é xa unha opción fronte ao vehículo particular.

