O hall de tirantes do Museo Centro Gaías encheuse esta mañá coa presentación da Rede de Concellos contra o acoso escolar. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, exerceu de anfitrión e afirmou que máis da metade dos municipios de Galicia están adheridos a esta nova iniciativa.

