O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, José López Campos, participaron no acto de recepción da obra “Santa”, de Francisco Asorey. A escultura regresa de forma definitiva a Galicia e poderase visitar no Museo Gaiás da Cidade da Cultura. Os representantes do goberno autonómico afirmaron que se trata dun día histórico para a cultura galea xa que esta escultura, creada hai 100 anos representando a unha labrega espida que leva un xugo, considérase unha peza fundamental do patrimonio cun alto valor histórico e artístico.

