O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, desprazouse esta mañá ata O Porto do Son para visitar no seu domicilio a un dos beneficiarios do Bono Coidado no Fogar, medida pioneira posta en marcha pola Xunta. O presidente do Executivo autonómico destacou que Galicia acadou os 40.000 usuarios deste plan, que coloca á comunidade como un referente en España na atención á dependencia.

