15 agosto, 2026
Image default

GALICIA SERÁ CAPITAL IBEROAMERICANA DE GASTRONOMÍA SAUDABLE ATA O 2027

Galicia levará durante o próximo ano o título de Capital Iberoamericana da Gastronomía Saudable. Un recoñecemento que pretende poñer en valor a cociña galega e os produtos do mar e da terra como sinal de identidade da comunidade.
A iniciativa incluirá campañas de promoción, congresos, concursos e publicacións para dar a coñecer a gastronomía galega, especialmente entre os visitantes procedentes de Iberoamérica.
Segundo destacou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a gastronomía é xa un dos principais motores do turismo galego. De feito, máis dun terzo das persoas que visitaron Galicia o pasado ano aseguraron que a cociña foi un dos motivos da súa viaxe.
Esta capitalidade chega ás portas do Xacobeo 2027, unha cita na que se agarda unha elevada chegada de peregrinos e turistas, e coa que se busca reforzar a imaxe de Galicia como un destino de referencia tamén pola súa oferta gastronómica.
A distinción irá acompañada da sinatura dun manifesto en favor dunha gastronomía saudable e sostible, co obxectivo de seguir situando a cociña galega entre as máis recoñecidas a nivel internacional.

Related posts

O PRESIDENTE DA XUNTA VISITOU A SEDE DE BICO DE XEADO E SINALOU QUE ESTA INICIATIVA REPRESENTA O FUTURO SÓLIDO E COMPETITIVO DO RURAL GALEGO

CloudyX

O PRESIDENTE DA XUNTA AFIRMOU QUE GALICIA ESTÁ PREPARADA PARA VIVIR A ECLIPSE DE FORMA SEGURA

CloudyX

O PRESIDENTE DA XUNTA VISITOU AS OBRAS DE MELLORA DO SANEAMENTO NO ENTORNO DO RÍO LAMEIRA, EN MARÍN

CloudyX