16 noviembre, 2026
Image default

GALICIA SERÁ CAPITAL IBEROAMERICANA DE GASTRONOMÍA SAUDABLE ATA O 2027

Galicia levará durante o próximo ano o título de Capital Iberoamericana da Gastronomía Saudable. Un recoñecemento que pretende poñer en valor a cociña galega e os produtos do mar e da terra como sinal de identidade da comunidade.
A iniciativa incluirá campañas de promoción, congresos, concursos e publicacións para dar a coñecer a gastronomía galega, especialmente entre os visitantes procedentes de Iberoamérica.
Segundo destacou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a gastronomía é xa un dos principais motores do turismo galego. De feito, máis dun terzo das persoas que visitaron Galicia o pasado ano aseguraron que a cociña foi un dos motivos da súa viaxe.
Esta capitalidade chega ás portas do Xacobeo 2027, unha cita na que se agarda unha elevada chegada de peregrinos e turistas, e coa que se busca reforzar a imaxe de Galicia como un destino de referencia tamén pola súa oferta gastronómica.
A distinción irá acompañada da sinatura dun manifesto en favor dunha gastronomía saudable e sostible, co obxectivo de seguir situando a cociña galega entre as máis recoñecidas a nivel internacional.

Related posts

MÁIS DA METADE DOS MUNICIPOS DE GALICIA ADHERÍRONSE Á REDE DE CONCELLOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR

CloudyX

O PARLAMENTO GALEGO AFONDOU NAS MEDIDAS IMPULSADAS POLA XUNTA PARA FACILITAR O ACCESO DA MOCIDADE Á PRIMEIRA VIVENDA

CloudyX

GÓMEZ CAAMAÑO FAI UN CHAMAMENTO Á CIDADANÍA A VACINARSE FRONTE Á GRIPE

CloudyX