O pazo do Hórreo acolleu esta mañá a sesión de control ao Goberno galego no derradeiro pleno do curso político. Nesta ocasión houbo cambios e foi un debate de xeito acumulado, como apuntou o presidente da cámara, Miguel Santalices. O voceiro do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, foi o primeiro en intervir e puxo o foco no autogoberno, na débeda galega e no traspaso da AP-9 a Galicia.

