Renovar o Campo da Mina, en Lampón, era unha tarefa pendente que o Concello de Boiro está a piques de tachar da súa lista. As obras seguen a avanzar despois da nivelación do terreo de xogo e a aplicación do pavimento a base de aglomerado asfáltico e esta semana arrancou a instalación do tapiz de céspede artificial. Esta mañá o alcalde do municipio, José Ramón Romero, e os concelleiros Luis Ruiz e Marcos Fajardo desprazáronse ata o campo para supervisar os traballos.

