O Comité Integrado de Prevención de Incendios Forestais de Galicia quedou constituído este xoves coa participación da Xunta e do Goberno central.
O dispositivos contará con máis de 7.000 profesionais, dos que máis de 3.300 dependen directamente da Consellería do Medio Rural. Ademais, sumaranse efectivos policiais, bombeiros, persoal do GES e miles de voluntarios de Protección Civil.

