O verán vén de comezar e Ribeira terá actividades turísticas para impulsar o seu nexo co mar e dar a coñecer o patrimonio natural do municipio e do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Un ano máis o concello terá en xullo e agosto viaxes programadas para coñecer Sálvora, Ons e como se traballa o mexillón na ría de Arousa que terán a súa saída no porto de Ribeira.

