Construídos hai medio século, os vestiarios do campo de fútbol de Carreira presentaban un forte deterioro e unhas instalacións de fontanería e saneamento xa obsoletas. Para solucionalo, a alianza entre o Concello de Ribeira e a Consellería de Deportes aportará máis de 48.000 euros para a súa reforma integral.

