Esta mañá o departamento de Cultura do Concello de Ribeira deu a coñecer a trixésima edición da Fiestra da Cultura. Este ano está formada por unha trintena de propostas pensadas para todos os públicos e gustos xa que conta con maxia, música, arte e actividades ao aire libre. Veciñanza e visitantes poderán desfrutar deste abano de proposicións que arrancan o 20 de xuño e rematarán a mediados de setembro.

