O Centro Cultural Lustres Rivas volve a ser o centro do arte coa mostra da XIX edición do Premio Internacional Luís Ksado de Creación Fotográfica. A sala reúne máis de 50 imaxes pertencentes a seis series diferentes, incluíndo a obra gañadora, unha mención de honra e catro propostas finalistas que estarán expostas ata o vindeiro 4 de xullo.

