O Concello de Boiro inaugurou o venres pola noite a nova glorieta situada na Avenida da Constitución, preto do cruce no que se une esta rúa coa Salvador Allende. Con esta obra, o Goberno local quere facerlle unha homenaxe ao produto estrela da ría de Arousa e do municipio, o mexillón. O creador do traballo que preside a glorieta, Tucho Abalo, afondou no proceso e no nacemento da idea que executou e se deu a coñecer o venres.

