Un dos anuncios destacados do Goberno galego foi a aprobación do calendario laboral para 2027. Os dous festivos propios da comunidade serán o 19 de marzo, día de San Xosé, e o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Este último substitúe o festivo do 15 de agosto ao coincidir en domingo, mentres que o 19 de marzo ocupará o lugar do Día Nacional de Galicia, que en 2027 tamén cae en domingo.

