A Praza de España de Ribeira volve encherse de innovación, tecnoloxía e mobilidade sostible coa celebración da VII Feira de Vehículos Híbridos e Eléctricos.
Sete anos despois da súa primeira edición, a feira experimentou un importante crecemento. O que comezou nunha pequena carpa con apenas 400 metros cadrados ocupa agora toda a Praza de España e reúne entre 100 e 120 vehículos de última xeración.

