Un cuarto de século impulsando a innovación e o coñecemento no ámbito mariño. O CETMAR conmemorou en Vigo os seus 25 anos de traxectoria cun acto institucional e a reunión do seu Patronato.
Durante a celebración, o presidente da Xunta puxo en valor o traballo desenvolto pola fundación desde a súa creación, destacando a súa contribución á investigación científica, á mellora da produción pesqueira, á protección dos ecosistemas mariños e ao aproveitamento sostible dos recursos do mar.

