O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou en Xove no acto de entrega das bandeiras azuis correspondentes a 2026. Durante a súa intervención destacou que estes galardóns son unha garantía de calidade, excelencia e sustentabilidade para os visitantes e unha mostra da marca Galicia Calidade.

