6 septiembre, 2026
Image default

O CIDADE DE RIBEIRA XA PREPARA A PRÓXIMA TEMPADA TRAS CONSUMAR O DESCENSO A PRIMEIRA FUTGAL

O club anunciou a continuidade de Manuel Ángel Pena como adestrador do primeiro equipo. A directiva renova así a súa confianza nun técnico da casa que xa sabe o que é lograr un ascenso coa entidade, despois de conducir ao Cidade de Ribeira á Preferente na tempada 2022-2023.
O obxectivo será agora devolver ao conxunto da Fieiteira á categoría perdida tras unha campaña irregular que rematou co descenso. Desde o club destacan que Pena representa a identidade e os valores da entidade, ademais de ser a persoa elixida para liderar a reconstrución deportiva.
Xunto ao adestrador, o Cidade de Ribeira mantén a columna vertebral do vestiario. Continuarán no equipo xogadores importantes como Aguado, Nacho, Álex Teira, Yago Rivas, Adrián Lijó, Anxo e Fer.
Ás renovacións súmanse tamén dúas incorporacións destacadas. Eloy e Pablo regresan ao Cidade de Ribeira tras verse separados os seus camiños, reforzando así un proxecto que xa comeza a tomar forma.
Coa continuidade de Manuel Ángel Pena, varias renovacións e os regresos de Eloy e Pablo, o Cidade de Ribeira da os primeiros pasos na planificación dunha tempada na que o gran reto será recuperar a praza na Preferente Futgal.

Related posts

O BOIRO DEBUTARÁ NA TERCEIRA RFEF COMO LOCAL NO JULIO MATO

CloudyX

A EMOCIÓN DA PREFERENTE TOMARÁ DE NOVO OS CAMPOS DE FÚTBOL

CloudyX

REGRESA A PRIMEIRA FUTGAL

CloudyX