16.3 C
Chicago
4 octubre, 2026
Image default

UNHA DE CAL E OUTRA DE AREA NA TERCEIRA RFEF

O derbi da Ría de Arousa caeu do lado local. O Arosa impúxose por 1-0 ao Boiro nun partido moi igualado na Lomba.
Os de Gonza levaron o peso do encontro, pero sen excesivo brillo en ataque. A clave estivo na primeira metade, cun centro que acabou en gol en propia porta de Iago Martínez tras unha xogada desafortunada na área visitante.
Na segunda metade, o Boiro deu un paso adiante na procura dun empate, especialmente nos minutos finais, pero atopouse cun Arosa sólido en defensa e cun Chema decisivo baixo paus. Un triunfo moi sufrido que, ademáis, devolve aos da ría ao máis alto da clasificación.
Moi distinta é a cara en Noia. O conxunto barbanzán descende a Preferente sen xogar, tras a contundente vitoria do Silva por 0-3 no campo do Racing Vilalbés.
Os noieses fixeran os deberes o día anterior gañando ao Céltiga, pero dependían doutros resultados. A derrota do Cambados daba esperanzas, pero o triunfo do Silva deixou sen opcións matemáticas ao equipo de Luis Bonilla, que queda a sete puntos da salvación con só seis en xogo.
Un ascenso e un descenso que reflicten a alegría en Vilagarcía e tristeza en Noia nunha xornada decisiva para os equipos da comarca.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI DESAFÍA AO VIXENTE CAMPIÓN DE LIGA

CloudyX

O BOIRO BUSCA REAFIRMAR O LIDERADO ANTE O ESTRADENSE E A DOMICILIO

CloudyX

RIBEIRA ACOLLERÁ O VINDEIRO 12 DE OUTUBRO A III MILLA DÍA DA HISPANIDADE.

CloudyX