Como vén sendo habitual nos últimos anos, a Escuela de Boxeo El Canario en colaboración co Concello de Ribeira xa ten todo preparado para celebrar a III Milla Día da Hispanidade. Un evento que busca dinamizar o municipio a través dun circuíto totalmente chairo e homologado con saída dende o Malecón.

