14 C
Chicago
5 octubre, 2026
Image default

O GRAN CAMIÑO SEGUE AVANZANDO CON PROTAGONISMO TAMÉN PARA O BARBANZA, POR ONDE PASOU BOA PARTE DA TERCEIRA ETAPA.

A comarca do Barbanza foi unha das grandes protagonistas desta edición de O Gran Camiño. Preto de 100 quilómetros da terceira etapa discorreron por concellos como Noia, Ribeira, Boiro ou Rianxo.
Veciños e afeccionados saíron ás rúas para ver de preto unha proba que cada ano gaña máis peso no calendario internacional.
A etapa, con saída en Carballo e meta en Padrón, deixou tamén momentos decisivos como a subida ao Pico Muralla, antes da vitoria de Iván Romeo, que asinou unha das grandes exhibicións da carreira.
Xa no día de hoxe, a competición trasladouse a Ourense coa etapa raíña, marcada pola dureza da Cabeza de Meda.
Alí, o británico Adam Yate confirmou o seu papel de favorito cun ataque a falta de tres quilómetros, nas rampas máis esixentes do porto. Un movemento decisivo que lle permitiu gañar en solitario e colocarse como novo líder da clasificación xeral.
Agora, todas as miradas están postas na última xornada, que rematará no Monte Trega, en A Guarda. Un final en alto que será definitivo para a xeral e no que se decidirá o gañador desta quinta edición.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI DESAFÍA AO VIXENTE CAMPIÓN DE LIGA

CloudyX

O BOIRO BUSCA REAFIRMAR O LIDERADO ANTE O ESTRADENSE E A DOMICILIO

CloudyX

RIBEIRA ACOLLERÁ O VINDEIRO 12 DE OUTUBRO A III MILLA DÍA DA HISPANIDADE.

CloudyX