Os equipos da comarca pensan xa na trixésimo primeira xornada da Terceira RFEF que traerá duelos atractivos e de relevancia para os seus intereses. O Boiro está en plena loita por acceder aos postos de promoción e o Noia, nunha situación de urxencia, precisa puntuar para seguir soñando coa permanencia na categoría.

