12 C
Chicago
5 octubre, 2026
Image default

FIN DE SEMANA DECISIVA NA PRIMEIRA FUTGAL, CON MOITO EN XOGO PARA OS EQUIPOS DA COMARCA.

A Primeira Futgal vén cargada de emoción esta fin de semana, con novos enfrontamentos clave para os equipos da comarca, que buscan seguir sumando nun momento decisivo da competición.
O Unión é o conxunto que chega na mellor situación. Coa permanencia practicamente asegurada, os barbanzáns céntranse agora en consolidar a súa posición na zona alta da táboa. Ocupan un meritorio terceiro posto, avalados por unha dinámica de resultados moi positiva. Este domingo medirán forzas co C.D. Sport Team Estrada, que agarda décimo segundo e atravesa unha etapa máis irregular.
Moi distinta é a realidade do Abanqueiro, que non pode permitirse máis tropezo se quere afastarse dos postos de perigo. Os boirenses son décimo cuartos e enfrontaranse ao S.D. Amanecer, rival directo que se atopa en postos de descenso, dous chanzos por debaixo. Ambos equipos chegan tras varias derrotas consecutivas, polo que o duelo deste domingo, ás 18:00 horas no campo de Lampáns, preséntase decisivo.
Situación semellante vive o Valiño. Os crucenses son décimo quintos, a só un punto do Abanqueiro e con escasa marxe sobre o descenso. Buscarán cambiar a súa dinámica negativa ante o Marcon Atlético, décimo primeiro clasificado. Os dous equipos veñen de caer nas últimas xornadas, polo que o encontro, este domingo ás 17:00 horas no campo de Valiño, promete intensidade e necesidade de reacción.
Xa no grupo 2, a Esteirana afronta un dos retos máis complicados da xornada. Pecha a clasificación con 17 puntos e acumula catro derrotas consecutivas. Aínda así, o equipo non perde a confianza e tentará dar a sorpresa ante o Club do Mar, terceiro na liga. O partido disputarase este domingo ás 17:00 horas no Xosé Luis Vara.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI DESAFÍA AO VIXENTE CAMPIÓN DE LIGA

CloudyX

O BOIRO BUSCA REAFIRMAR O LIDERADO ANTE O ESTRADENSE E A DOMICILIO

CloudyX

RIBEIRA ACOLLERÁ O VINDEIRO 12 DE OUTUBRO A III MILLA DÍA DA HISPANIDADE.

CloudyX