A marca «Azul de Portosín», que representa a calidade das conservas elaboradas na zona, recibiu unha excelente acollida. De feito, Gadis, unha das grandes cadeas de distribución, xa se puxo en contacto cos representantes locais para incorporar as conservas de sardiña e xurelo de Portosín aos seus mercados a partir de xaneiro.

