O Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asinou hoxe en Porto do Son un convenio de colaboración co alcalde, Luis Oujo, para acometer unha nova reforma no centro de saúde municipal. O investimento ascende a 43.000 euros, financiados ao 50% entre a Xunta e o Concello.
As obras centraranse na fachada traseira e na cuberta, cunha limpeza, saneamento impermeabilización para mellorar o estado do edificio.

