O Castro de Baroña, unha das xoias arqueolóxicas máis visitadas de Galicia, podería contar proximamente cunha regulación oficial de accesos. Así o anunciaron o día de hoxe o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e o director de Turismo da Xunta de Galicia, Xosé Merelles, nunha visita institucional ao enclave.

