O Castro de Baroña, unha das xoias arqueolóxicas máis visitadas de Galicia, podería contar proximamente cunha regulación oficial de accesos. Así o anunciaron o día de hoxe o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e o director de Turismo da Xunta de Galicia, Xosé Merelles, nunha visita institucional ao enclave.
XOSÉ MERELLES, DIRECTOR DE TURISMO DA XUNTA DE GALICIA, REALIZOU UNHA VISITA INSTITUCIONAL AO CASTRO DE BAROÑA


