O peixe que captura o cerco de Portosín foi protagonista dunha xornada especial para dar a coñecelo. A Degustación Azul de Portosín atraeu a centenares de persoas que se achegaron á localidade para probar a sardiña, o xurelo, a anchoa ou a xarda preparadas de diferentes maneiras.

