Porto do Son volve a abrir as súas portas para celebrar unha das súas festas máis clásicas: a Festa Hortera. Esta fin de semana o municipio contará con dúas xornadas cheas de cor, música e diversión para todas as idades, xornadas que inauguraron o día de hoxe, para os máis cativos.

