20.9 C
Chicago
17 agosto, 2026
Image default

OS REIS VISITAN BURELA DA MAN DE ALFONSO RUEDA.

O Sector pesqueiro lucense recibiu hoxe unha visita de honra, as Súas Maxestades os Reis de España. Na localidade de Burela descubriron a realidade do sector pesqueiro e percorreron as instalacións portuarias, visitando a lonxa mesmo poxando por lotes de merluza e bonito.

Don Felipe e Dona Letizia tiveron a compañía do presidente da Xunta Alfonso Rueda, a conselleira do Mar Marta Villaverde e a alcaldesa e Burela Carmela López, ademais doutras autoridades.

Os monarcas puideron ver de primeira man como funciona a lonxa de Burela, onde máis do 50 % do produto fresco que chega é pescada de pincho. Hai un sistema que anuncia os prezos nunha pantalla e por voz e hoxe realizouse unha simulación para os monarcas, que cun mando cada un pulsaron cando o valor baixou a unha cantidade que lles pareceu razoable. O rei levou un lote de pescada por 21,05 euros, mentres que dona Letizia conseguiu un de bonito por 15,20 euros.

Coñeceron tamén sobre o papel da muller na pesca. Os reis falaron con tres integrantes da Asociación Redeiras de Burela, que lles explicaron as tarefas do oficio.

Durante todo o percorrido estiveron tamén acompañados de multitude de veciños que os agardaban con diferentes cantos e proclamas.

Para rematar a visita, acoderon á Casa do Concello e ás instalacións do Burela FS, onde os recibiron as integrantes do equipo feminino.

Related posts

A SENDA PEONIL E CICLISTA UNE XA O MILLADOIRO E SANTIAGO

CloudyX

O PRESIDENTE DA XUNTA VISITOU A SEDE DE BICO DE XEADO E SINALOU QUE ESTA INICIATIVA REPRESENTA O FUTURO SÓLIDO E COMPETITIVO DO RURAL GALEGO

CloudyX

O PRESIDENTE DA XUNTA AFIRMOU QUE GALICIA ESTÁ PREPARADA PARA VIVIR A ECLIPSE DE FORMA SEGURA

CloudyX