O bocarte non é unha das especies historicamente relacionadas a Porto do Son. Con todo, a principios deste 2025 os barcos sonenses rexistraron grande número de capturas deste peixe, salientándoo como un dos puntos fortes este ano.
Se no 2024 se subastaron menos de 11 mil quilos de bocarte en Porto do Son, este ano rozan xa os 207 mil.

