O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Lousame e presidenta da Mancomunidade de Municipios da Serra do Barbanza, María Teresa Villaverde, asinaron esta mañá, na sede da institución provincial, un convenio mediante o cal a Deputación achegará ao ente supramunicipal unha subvención de 500.000 euros destinada á sufragar a adquisición de tres camións recolectores de residuos sólidos urbanos. O acto contou tamén coa asistencia do deputado responsable da área de Promoción Económica e alcalde de Brión, José Luis García; os alcaldes de Carnota e Porto do Son, Ramón Noceda e Luis Oujo, a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso, e a deputada provincial Ánxela Franco.
A Deputación destina 500.000 euros a renovar a flota de camións de recollida de lixo nos concellos da Mancomunidade da Serra do Barbanza
Please login to join discussion