Máis dunha semana despois do achado dun cadáver na praia sonense de Arnela o día de Reis, a autopsia realizada confirma as sospeitas policiais de que se trata do corpo da muller desaparecida no norte de Portugal o 29 de decembro.
As probas revelaron tamén que non presentaba indicios de criminalidade na morte, aínda que non puideron aclararse as causas do falecemento. O corpo foi achado en avanzado estado de descomposición ao pasar varios días á deriva no océano.
A muller apareceu co torso espido polo efecto da oleaxe, pero mantiña a vestimenta inferior. As medias negras, pantalóns curtos vaqueiros e as zapatillas brancas foron claves para relacionar o caso coa desaparecida en Portugal. A ausencia de Priscila Soledad Montalvo foi denunciada polo seu marido, que dende a aparición do corpo asegurou estar convencido de que se trataba de súa muller.
A principal hipótese do falecemento é que a muller caiu ao mar mentres deambulaba por añlgún punto da costa portuguesa. Dende aí, foi arrastrada polas correntes ata chegar á costa galega. Polo de agora as causas da morte están a ser investigadas pola Guardia Nacional Republicana.

