Unha das prioridades do Goberno local de Porto do Son é ter o 100% da rede de saneamento en funcionamento no municipio. Con este obxectivo en mente o concello segue a traballar para dotar deste servizo básico a todos os puntos de poboación da localidade.

