O 2024 será recordado en moitas confrarías da comarca como un ano duro e de caídas xeneralizadas. Os pósitos dependentes do marisqueo rexistraron unha mingua importante das ventas, algo do que tampouco escaparon os portos nos que o cerco ten moito peso. Este é o caso de Portosín, que está a pasar por un momento moi complicado.