O Concello de Outes vén de impulsar unha nova edición da rutas “Coñece o noso patrimonio”, nesta ocasión enfocadas na primavera. Os outienses e os seus visitantes poderán afondar máis sobre a historia e o patrimonio do municipio con seis andainas que darán comezo este domingo día 14 e rematarán o 23 de xuño e desenvolveranse en colaboración coa empresa Tremuzo Historia e Patrimonio.

