OUTES DESCUBRIRÁ O SEU PATRIMONIO CON SEIS ANDAINAS NAS QUE SE PERCORRERÁN DIFERENTES PUNTOS DO MUNICIPIO

O Concello de Outes vén de impulsar unha nova edición da rutas “Coñece o noso patrimonio”, nesta ocasión enfocadas na primavera. Os outienses e os seus visitantes poderán afondar máis sobre a historia e o patrimonio do municipio con seis andainas que darán comezo este domingo día 14 e rematarán o 23 de xuño e desenvolveranse en colaboración coa empresa Tremuzo Historia e Patrimonio.
08042024 10 ANDAINAS COÑECE PATRIMONIO OUTES

Salir de la versión móvil