O POS 2024 do concello de Outes foi aprobado en pleno o pasado xoves e hoxe o alcalde Manuel González presentou ante os medios as accións que serán levadas a cabo. Por unha parte quixo mencionar as cuantías xerais tanto para as obras como as destinadas para o gasto corrente.

