O tenente alcalde e concelleiro de cultura, festas e xuventude, Anxo Núñez Fernández presentou esta mañá o Entroido de Outes. Unha festividade moi importante para o concello que comezará o día 7 de febreiro cunha primeira actividade dirixida aos pequenos entre 5 e 10 anos, un taller de caraturas con dúas quendas, o propio día 7 e o 9.

