Por unha manobra de adiantamento, dous vehículos colidiron este mediodía na estrada comarcal AC 550 en Artes. O accidente no lugar de Salmón produciuse entre un Audi A6 conducido por unha muller acompañada por un neno e un Volkswagen Golf, que ían en dirección a Porto do Son. Foi durante un adiantamento cando se produciu o suceso no que resultaron feridas as tres persoas que foron trasladadas ata o Hospital do Barbanza.
Dende o112 avisaron á Policía Local de Ribeira, o GAEM, Protección Civil que se desprazaron ata o lugar ademais dun equipo de atestados da Garda Civil de Tráfico.

