Xornada de celebración en Boiro. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, entregou esta mañá ao Concello boirense o selo de Mercado Excelente para a súa praza de abastos municipal. Este recoñecemento converte ao mercado boirense no oitavo de Galicia en obter este distintivo.

