Icono del sitio CanalBarbanza.com

FERIDOS OS OCUPANTES DE DOUS VEHÍCULOS QUE CHOCARON NO LUGAR DE SALMON NA ESTRADA COMARCAL

Por unha manobra de adiantamento, dous vehículos colidiron este mediodía na estrada comarcal AC 550 en Artes. O accidente no lugar de Salmón produciuse entre un Audi A6 conducido por unha muller acompañada por un neno e un Volkswagen Golf, que ían en dirección a Porto do Son. Foi durante un adiantamento cando se produciu o suceso no que resultaron feridas as tres persoas que foron trasladadas ata o Hospital do Barbanza.

Dende o112 avisaron á Policía Local de Ribeira, o GAEM, Protección Civil que se desprazaron ata o lugar ademais dun equipo de atestados da Garda Civil de Tráfico.

Salir de la versión móvil