Os derradeiros xoves de cada mes a casa da Cultura da Serra de Outes acollerá novas charlas enmarcadas nas Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes. Onte deu comezo unha edición moi especial do programa, que cumpre xa 18 anos. O alcalde da localidade, Manuel González, destacou a importancia destas conferencias e os temas que se abordan nelas.